1. As entidades que desexen acceder á condición de Creador de Mercado de Letras deberán enviar unha solicitude ao Director Xeral do Tesouro e Política Financeira na que manifestarán a súa intención de ser Creadores de Mercado de Letras e o seu compromiso coas obrigas establecidas pola Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira. Así mesmo, deberase incluír a información necesaria para verificar o cumprimento dos requisitos esixidos e achegarase unha memoria na que se exporán os medios técnicos e humanos a disposición da entidade para a realización das actividades inherentes á condición de Creador de mercado.
2. A Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira, previo informe favorable do Banco de España, poderá outorgar a condición de Creador de Mercado de Letras e deberá notificar a súa Resolución no prazo de tres meses a partir da finalización do período de proba.