Se o oferente presentou a súa petición directamente no Banco de España, o pago do nominal adxudicado debe efectuarse ingresando na conta do Tesoro nese Banco a diferenza entre o prezo de subscrición e o importe ingresado a conta. O pago poderá realizarse polos medios sinalados para o ingreso do depósito previo do 2%, antes da data e hora fixados na convocatoria da poxa.
Se o oferente presentou a súa petición a través dunha Entidade Xestora, os importes efectivos das peticións adxudicadas cargaranse na data de desembolso nas contas correntes de efectivo designadas como domiciliatarias; alternativamente, a Entidade Xestora deberá ingresar no Tesoro o importe das subscricións realizadas tanto en nome propio como no nome de terceiros. Por último, a Entidade Xestora deberá entregar -aos que presentaran a través dela as ofertas aceptadas- un resgardo onde figure o valor nominal do importe subscrito e o importe efectivo que hai que ingresar na conta do Tesoro.
Así mesmo, o Banco de España deberá entregar o resgardo acreditativo do importe nominal subscrito e do importe efectivo que hai que ingresar no Tesoro aos que presentaron as súas ofertas directamente neste Banco, e situará as anotacións correspondentes á Débeda adxudicada nas contas de terceiros da Entidade Xestora designada por quen presentou as ofertas.