Son valores de renda fixa a curto prazo representados exclusivamente mediante anotacións en conta. Creáronse en xuño de 1987, cando se puxo en funcionamento o Mercado de Débeda Pública en Anotacións.
O importe mínimo de cada petición é de 1.000 euros (166.386 pesetas), e as peticións por importe superior teñen que ser múltiplos de 1.000 euros. As Letras emítense mediante poxa.
Son valores emitidos ao desconto polo que o seu prezo de adquisición é inferior ao importe que o investidor recibirá no momento do reembolso. A diferenza entre o valor de reembolso da Letra (1.000 euros) e o seu prezo de adquisición será o xuro ou rendemento xerado pola Letra do Tesoro.
Estes rendementos están exentos de retención a conta tanto no ámbito do IRPF coma no do Imposto sobre Sociedades, sen prexuízo de que haxa que incluílos na declaración anual destes impostos.
Actualmente o Tesoro emite Letras del Tesoro cos seguintes prazos:
- Letras del Tesoro a 3 meses
- Letras del Tesoro a 6 meses
- Letras del Tesoro a 9 meses
- Letras del Tesoro a 12 meses