Skip to main content

Tributación dos Valores adquiridos nun Repo

Cualificación

As operacións de cesión temporal con pacto de recompra dos Valores del Tesoro, denominadas operacións de "repo", xeran un rendemento de capital mobiliario que se computará pola diferenza entre o prezo de venda pactado coa entidade financeira e o prezo de compra.


Tributación y Retención

 

 

Se os valores adquiridos en "repo" son Letras del Tesoro, o rendemento obtido ten o mesmo tratamento fiscal ca as Letras del Tesoro. É dicir, están exoneradas de retención a conta, e tributan ao tipo do 19% ata os 6.000 €, o tramo da base liquidable entre 6.000 € e 50.000 € tributa ao 21% e o tramo que excede de 50.000 € tributa ao 23%.  (ver Tributación das Letras del Tesoro).

 

Se o "repo" é de Bonos e Obligaciones del Estado, o rendemento derivado tributará de acordo coas regras de transmisión ou amortización dos Bonos e Obligaciones del Estado, é dicir, tributará ao tipo do 19% ata os 6.000 €, o tramo da base liquidable entre 6.000 € e 50.000 € tributa ao 21% e o tramo que excede de 50.000 € tributa ao 23%. (ver Tributación dos Bonos e Obligaciones del Estado).


Agora ben, para efectos fiscais, non se consideran contas senón depósitos de valores aqueles contratos polos que unha entidade de crédito ou outra entidade financeira cando se cumpran os seguintes requisitos:
 

  • Participar da natureza dos contratos de depósito ou administración de valores.
  • A titularidade dos valores corresponda ao depositante.
  • Las operaciones se efectúen en condiciones de mercado.
  • Que o prazo das recompras sexa inferior a 15 días.

Neste caso, as rendas derivadas do produto financeiro en Valores del Tesoro, que engloban o xuro derivado do contrato de cesión temporal e o xuro derivado do contrato de depósito a prazo, cualifícanse como rendementos do capital mobiliario, e o seu réxime de tributación e retención a conta será o mesmo ca o do activo subxacente. Así por exemplo, no caso de operacións "repo" sobre Letras del Tesoro, a rendibilidade obtida no que respecta á compravenda non estará suxeita á obrigación de retención a conta.