Skip to main content

Aviso legal

Exención de responsabilidade polos contidos e servizos prestados A información que se difunde por este medio faise unicamente a título informativo,e a D. G. del Tesoro y Política Financiera reserva para si o dereito de eliminar ou suspender a súa difusión, total ou parcialmente, e de modificar a estrutura e o contido deste sitio web sen aviso previo, e poderá incluso limitar ou non permitir o acceso a esta información. O propósito da D. G. del Tesoro y Política Financiera é manter a calidade e actualización destainformación e evitar e minimizar posibles erroscausados por fallos técnicos. Con todo, non garante que este servizo non sexa interrompido ou afectado por eses fallos.

Como consecuencia do anterior, a D. G. del Tesoro y Política Financiera non responderá dos danos ou perdas causados por decisións tomadas baseándose na información difundida por este medio; nin de posibles inexactitudes, omisións ou erros contidos nel, nin dos problemas que se orixinen polo uso deste sitio web ou outro de conexión externa; nin dos danos e/ou perdas no software ou hardware do usuario que se deriven do acceso a este sitio web, ou da descarga de programas ou ficheiros difundidos nel. Tampouco garante nin se responsabiliza de que calquera información dispoñible neste sitio web reproduza exactamente os documentos publicados en papel, nin responderá das ligazóns e referencias a outros sitios web nin da información difundida por terceiras persoas en que apareza citado como fonte.

Os usuarios de calquera páxina do sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera, ao acceder a ela, aceptan a presente cláusula, e están de acordo co seu contido.

Propiedade intelectual dos contidos do sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera

Para todas as páxinas deste sitio web Copyright © D. G. del Tesoro y Política Financiera,

Madrid, España. 2009 Reservados todos os dereitos.

Os textos, logo, fotos e elementos gráficos que constitúen o sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera e que se difunden a través deste, así como a súa forma de presentación, son titularidade exclusiva da D. G. del Tesoro y Política Financiera, que ten todos os dereitos de explotación deles, directamente ou a través de acordos con terceiros. Con carácter xeral, a D. G. del Tesoro y Política Financiera non concede licenza de uso nin autorización ningunha sobre os seus dereitos de propiedade industrial ou intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co seu sitio web, salvo acordo expreso por escrito con terceiros, e reserva para si o dereito de modificar ou limitar en calquera momento as condicións de uso da información que se publica no seu sitio web e que se describen a continuación:

Os usuarios do sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera poderán facer libre uso privado da información obtida directamente dela, incluso a realización de copias na

memoria local (RAM) ou noutros dispositivos de almacenaxe temporal. Nos demais casos de utilización da información para usos que non sexan meras consultas de uso privado, esta utilización autorízase só se se respectan e cumpren as seguintes condicións:

•A distribución ou reprodución da información que se difunde no sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera debe ser realizada fielmente, sen manipular nin alteraros contidos e sempre debe ser citada como fonte a D. G. del Tesoro y Política Financeira.

•Cando a información se incorpore a documentos ou outros medios que vaian ser vendidos ou cedidos de forma non gratuíta, a persoa física ou xurídica que a publique ou difunda baixo calquera soporte, deberá informar aos compradores e/ou cesionarios, de que a información pode ser obtida libre de cargo a través do sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera, tanto antes de que paguen calquera subscrición ou prezo,coma cada vez que poñan ao seu dispor a información tirada do sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera.

•A información obtida do sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera poderase utilizar para realizar cálculos que sexan difundidos polo usuario (por exemplo mediante periódicos axustes dos datos estatísticos, cálculos de taxas de evolución), sempre que se indique de forma inequívoca ao difundir eses cálculos, que se utilizou como fonte a D. G. del Tesoro y Política Financiera.

•Cando existan vínculos desde calquera sitio web ao sitio web da D. G. del Tesoro y Política Financiera ou calquera das súas páxinas internas, as correspondentes páxinas deberán aparecer nunha fiestra independente e ser o único elemento na pantalla (por exemplo, non debe aparecer dentro do marco doutro sitio web).

Os usuarios comprométense a utilizar este sitio web e os seus servizos respectando as condicións expostas, e a D. G. del Tesoro y Política Financiera reserva para si todas as accións legais que poidan corresponderlle para esixir as responsabilidades de calquera tipo que se deriven do seu incumprimento.