- Calquera persoa física ou xurídica, sexa ou non residente, pode realizar peticións de subscrición de Valores del Tesoro. As peticións preséntanse en calquera das sucursais do Banco de España, segundo os procedementos establecidos por esta institución, e cos límites de data e hora establecidos na Resolución que convocou a poxa.
- Calquera persoa física ou xurídica, sexa ou non residente, pode realizar peticións de subscrición de Valores del Tesoro en calquera entidade financeira. No caso do Banco de España, poderano facer as persoas físicas ou xurídicas residentes en España. As peticións preséntanse en calquera das sucursais do Banco de España, segundo os procedementos establecidos por esta institución, e cos límites de data e hora establecidos na Resolución que convocou a poxa.
Os investidores que non sexan Titulares de Conta na Central de Anotacións e presenten as súas peticións directamente no Banco de España poderán facelo de dúas maneiras:- 1. Entregando o depósito previo establecido polo Banco de España para esa poxa, en metálico ou mediante cheque.
- 2. Ingresando un depósito previo do 2% do importe nominal solicitado, depósito que terá a consideración de garantía. O depósito realizado formará parte do pago se a oferta resulta aceptada.
En calquera dos dous casos o ingreso farase en metálico, mediante Orde do cargof na conta corrente de efectivo na sucursal do Banco de España onde se cursou a petición, ou ben mediante cheque, xa sexa bancario ou contra conta corrente, estendido a favor do Tesoro ou do Banco de España. O ingreso mediante cheque farase con antelación suficiente para que o Banco de España, cos sistemas de compensación que teña establecidos, poida constatar o bo fin deste antes do peche do prazo de presentación das ofertas. Se a petición non é aceptada, ou se a poxa se declara deserta, o Banco de España devolveralle ao peticionario o depósito constituído, ordenando a devolución o primeiro día hábil seguinte ao de resolución da poxa, e as entidades afectadas efectuarán a devolución no prazo máis breve posible.
- As Entidades Xestoras poden subscribir Valores del Tesoro en nome propio, ao igual que os Titulares de Conta, pero tamén (e a diferenza destes) en nome de terceiros. As Entidades Xestoras presentarán conxuntamente todas as peticións, tanto as realizadas en nome propio como as formuladas en nome de terceiros, sen facer distinción entre elas. O día da emisión desglosarán o importe adxudicado a terceiros.
- As Entidades Xestoras e os Titulares de Conta na Central de Anotacións deben comunicar as súas peticións ao Banco de España entre as 8:30 e as 10:00 horas do día da poxa, a través da conexión da súa terminal de ordenador co Servizo de Liquidación do Banco de España, ou ben mediante comunicación telefónica a través do Servizo Telefónico do Mercado de Diñeiro. Os Creadores de Mercado dispoñen dun período adicional ata as 10:30 horas.
- Os particulares que acudan directamente ao Banco de España deben presentar as súas peticións dous días antes, especificando a Entidade Xestora que será depositaria dos valores.
- As peticións considéranse compromisos en firme de adquisición da Débeda solicitada, de acordo coas condicións da emisión, e o seu non desembolso íntegro na data establecida para tal efecto dará lugar á esixencia da correspondente responsabilidade ou, no seu caso, á perda do depósito (do 2% do importe nominal solicitado) esixido previamente como garantía.
- As ofertas poden ser de dous tipos:
- 1. Ofertas competitivas, nas que os oferentes indican o prezo que están dispostos a pagar pola Débeda solicitada. O prezo das ofertas competitivas debe expresarse en tanto por cento do valor nominal, con tres decimais nas Letras del Tesoro (sendo o último decimal 0 ou 5), con dous decimais nos Bonos del Estado (permitíndose calquera valor entre 0 e 9, ambos incluídos para o último decimal) e nas Obligaciones del Estado con dous decimais (o último dos cales será 0 ou 5). Sen prexuízo do anterior, o Tesoro poderá modificar a forma de expresar o prezo das peticións se as circunstancias así o aconsellan. As ofertas competitivas que non especifiquen o prezo solicitado consideraranse nulas para todos os efectos. O Director xeral do Tesoro e Política Financeira poderá limitar o número e o importe máximo das ofertas competitivas que cada participante na poxa poida presentar, así como fixar un prezo mínimo.
- 2. Ofertas non competitivas, nas que os compradores de Débeda non indican o prezo poxado, senón que aceptan o prezo medio ponderado resultante da poxa. O importe nominal máximo conxunto das peticións non competitivas presentadas por cada peticionario non poderá superar con carácter xeral os 5.000.000 euros.
- As peticións deberán alcanzar os importes mínimos seguintes:
- 1. 1.000 euros para as Letras del Tesoro.
- 2. 1.000 euros para os Bonos y Obligaciones del Estado.
Por riba de tales importes mínimos, as ofertas presentadas deberán ser un múltiplo enteiro de 1.000 euros.
- Os investidores que non sexan Titulares de Conta na Central de Anotacións e presenten as súas peticións directamente no Banco de España deberán ingresar -en metálico ou mediante cheque- un depósito previo do 2% do importe nominal solicitado, depósito que terá a consideración de garantía. O ingreso farase en metálico, mediante Orde do cargo na conta corrente de efectivo na sucursal do Banco de España onde cursou a petición, ou ben mediante cheque, xa sexa bancario ou contra conta corrente, estendido a favor do Tesoro ou do Banco de España. O ingreso mediante cheque farase con antelación suficiente para que o Banco de España, cos sistemas de compensación que teña establecidos, poida constatar o bo fin deste antes do peche do prazo de presentación das ofertas. O depósito realizado formará parte do pago se a oferta resulta aceptada. Se a petición non é aceptada, ou se a poxa se declara deserta, o Banco de España devolveralle ao peticionario o depósito constituído, ordenando a devolución o primeiro día hábil seguinte ao de resolución da poxa, e as entidades afectadas efectuarán a devolución no prazo máis breve posible.