A negociación no mercado secundario pódese realizar a través de catro sistemas (os tres primeiros refírense exclusivamente aos membros do mercado):
1. A través dos intermediarios ou brokers cegos ( mercado "cego" ), tamén denominado "primeiro chanzo", ao que só poden acceder os membros do mercado negociantes de Débeda Pública. A negociación ten lugar electronicamente, sen coñecer a contrapartida (de aí o nome de mercado "cego"). Constitúe o núcleo do mercado de Débeda Pública, posto que os axentes participantes neste segmento se comprometen a cotizar prezos de compra e venda con diferenciais reducidos (arredor de 5 céntesimas en prezo para emisións activamente negociadas), garantizando a liquidez para o conxunto do mercado. O tamaño mínimo das operacións é de 5 millóns de euros. No mercado cego só se pode operar a vencemento, xa sexa ao contado ou a prazo. Non están permitidas as operacións dobres. A liquidación de perdas e ganancias realízase diariamente a prezos de mercado do día, e ao vencemento da operación efectúanse os axustes pertinentes.
2. O sistema de negociación bilateral, directa ou a través de broker, tamén denominado "segundo chanzo", a través do cal se desenvolve o resto da negociación entre Titulares de Conta. O soporte deste mercado é o Servizo de Liquidación do Banco de España (SLBE). Neste segmento pódese operar a vencemento (ao contado ou a prazo) e en operacións dobres (simultáneas ou repos). As operacións pódense realizar entre as entidades directamente ou ben a través dun intermediario. Neste caso, o intermediario casa a operación, informa ás partes da contrapartida -que é coñecida neste sistema- e estas comunican ao SLBE os termos da operación para a súa posterior compensación e liquidación.
3. Mercado electrónico en Bolsa de Débeda Pública, sistema de contratación multilateral, no que a negociación se produce de forma continua e electrónica con difusión en tempo real de toda a súa actividade. O tamaño mínimo das operacións é de 1.000 euros, é un mercado cego onde se realizan operacións ao contado e a vencemento.
4. O cuarto e último sistema de negociación comprende as transaccións entre as Entidades Xestoras e os seus clientes.
Menu Servicios